O Burela FS Pescados Rubén B recibirá este sábado 15 de novembro en derbi comarcal o Superti A Pontenova en Terceira División. Vista Alegre acollerá a oitava xornada ás 19.30 horas nunha tarde apaixonante, despois do duelo de Primeira División entre Burela FS e Prone Lugo (17.00 horas, TVG2).
Mediranse as forzas da décima praza visitante (6 puntos) e a duodécima local (5 puntos).
Troula FS 3-2 Burela FS
O cadro de Iván Cao caeu pola mínima no seu último compromiso a domicilio, na pista do betanceiro Troula FS (3-2). O quinteto inicial dos laranxas estivo composto por Erik, Aitor, Pancho, Alemán e Rubén; tamén xogaron Rafa, Borja, Riveiro e Javi Fajardo; Aitor e Pancho asinaron os goles burelistas.