Foz, 17 de novembro de 2014. O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María.
Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá. Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero”.
“Cremos que o tema da violencia é fundamental tratalo, posto que día a día vemos que está máis presente nas relacións dos mozos e mozas. Por este motivo invitamos a pais e nais, profesorado e público en xeral a analizar este sábado as relacións e comportamentos, con profesionais que traballan de forma cotiá estes aspectos”, engadiron os promotores desta actividade do Concello de Foz.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



