O vindeiro sábado 15 de novembro, o Frutas Jose FSF recibirá no Pavillón Municipal de Viveiro ao Peluquería Mixta de Friol ás 12.00 horas.
Trátase dun dos favoritos ó título que ata o momento, como as viveirenses, conta por victorias todos os encontros disputados. Deste xeito, o partido será unha boa pedra de toque para comprobar as aspiracións que as xogadoras locais poden ter nesta tempada.