A Unión de Consumidores de Galicia ven de presentar o I Estudo da Cesta da Compra en Liña que por vez primeira analiza os prezos dunha cesta da compra atendendo tanto aos prezos por envase como por unidade de medida (litro, kg, etc.) e que ofrecen as principais cadeas de distribución asentadas en Galicia nas súas plataformas de compra a través da internet. Todos os produtos sometidos a análise foron de marca comercial que destacan pola súa popularidade e coñecemento xeneralizado.
Os resultados indican que Mercadona é a cadea de distribución que se sitúa nunha mellor posición relacionando as dúas variables a analizar. Na situación oposta atópase Hipercor que resulta a opción máis cara tanto dende o punto de vista do prezo por envase como de unidades estandarizadas. Un bo resultado nas dúas variables permite aos consumidores obter unha garantía de bo prezo con independencia do formato que adquiran.
Para encher o carro virtual cos produtos da nosa cesta precisamos 224 € de media. A mellor opción en relación ao prezo por envase é Froiz onde realizar a compra cústanos 203 €, seguida de preto por Mercadona. Na parte oposta atópase Hipercor onde precisamos 43 € máis.
En prezos por unidade de medida (elemento que mellor permite a comparación de prezos) a cadea máis competitiva é Alcampo onde gastamos 316 € só 6 menos que a seguinte Mercadona pero un 16% menos que a máis cara, Hipercor. De media precisamos 345 € para realizar a nosa cesta da compra en unidades estandarizadas.
En produtos de alimentación as dúas cadeas de distribución galegas (Froiz e Gadis) son as que obteñen uns mellores resultados en prezos por envase. Se analizamos o prezo por unidade de medida Alcampo é a opción máis económica. No apartado de bebidas Eroski e Froiz ofrecen os mellores prezos por envases e Alcampo no caso dos prezos estandarizados.
Por último no apartado de droguería Mercadona destaca como opción máis económica tanto en envases como en unidade de medida.
O estudo evidencia a íntima relación entre os formatos dos produtos e a súa incidencia no prezo final da cesta da compra. Ademais pon de manifesto claras tendencias dos grupos de distribución á hora de apostar por unha tipoloxía de formato e a súa aproximación ou distanciamento das unidades de medida estandarizadas.
Outros aspectos tratados no estudio inciden na accesibilidade e facilidade de uso das plataformas. Só Carrefour conta con APP a disposición dos usuarios e unha web optimizada para dispositivos móbiles como smartphones ou tablets, algo que se bota moito de menos noutras plataformas e que dificulta enormemente o seu uso.
No tocante aos aspectos legais, Unión de Consumidores de Galicia lembra a obrigatoriedade da dobre indicación de prezos (PVP e unidade de medida), aspecto que incumpre Froiz xa que logo non inclúe esta segunda referencia. En relación con outros aspectos como protección de datos, medios de pago, custes do servizo ou identificación das empresas, UCGAL non detectou irregularidades salientables.
Para a elaboración do estudio, realizáronse un total de 6 tomas de mostras ao longo dos meses de xullo a outubro dunha lista de produtos composta por 83 referencias divididas en tres grades apartados (Alimentación, bebidas e droguería).





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



