Na Peña O Lar, antano niño de iniciativas culturais, sociais e benéficas, nacía o grupo
en 1978 impulsado, sobre todo, por Constantino Mariño, xefe da oficina de Extensión Agraria, pioneiro espallando na bisbarra o interese cultural, culinario e económico dos fungos. Pódese decir, sen hipérbole, que con él chegou o coñecemento e o aprecio das setas entre nós. En 1987 Os Bolouros foron encargados de organizar a IX Semana Galega de Micoloxía, da que Correos emitiu un selo especial, e que trouxo á vila un feixe de ilustres expertos de Galicia e Asturias. Antón Patiño. persoeiro singular, presidente da Federación Galega, acudíu a Foz repetidas veces para celebrar xuntanzas e participar en actividades micolóxicas: extrovertido, poeta, pintor, bohemio. De discurso grandilocuente, elegante na presenza e nos modais, non volvéramos a vernos dende os días de Os Bolouros, aínda que a amizade, por razóns profesionais, era anterior. O reencontro foi o día 6 de setembro de 2004, na carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei, no enterro do poeta Manuel María, en momento moi emotivo: entre a numerosa asistencia e mentres os seus amigos da Banda de Sober, ante o cadaleito, interpretaban a “Negra Sombra”.Ao remate achegouse a nós un home, cangado polos anos, que portaba caxato de artística empuñadura. Ante a nosa indeferenza, díxonos: “Ti non eres o Suso de Foz?” -“De momento, sí”- “Eu redactei os Estatutos dos Bolouros…” –”¡¡Patiño.!!”, exclamamos. O 7 de xullo seguinte chegaba a triste nova: finara Patiño, aos 87 anos: unha, personalidade non doada de esquecer. Os Bolouros, baixo a batuta do biólogo Xesús Blanco, celebran o XXXVI aniversario… Dende o primeiro intre, con outros amigos, testigo moi de preto do labor de Mariño, alma e corpo do colectivo ó que honrou dende diversas tribunas, dado o prestixo de experto micólogo; ao lembrar, en breves pinceladas, o nacemento de Os Bolouros, o cronista suliña a transcendencia de Mariño na historia micolóxica da bisbarra e en fonda aperta expresa ó amigo o recoñecemento e gratitude e fai votos porque o colectivo perviva por moitos anos…
Suso Fernández



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



