Lugo, 19 de novembro de 2014.- Que a Deputación de Lugo dote de recursos económicos liñas de axuda a prol do asociacionismo feminino na provincia de Lugo e que colabore coas administracións locais e autonómica naquelas accións que teñan por obxecto loitar contra a lacra social de violencia de xénero son as peticións que o PP provincial lle fai á Deputación de Lugo.
Unhas reclamacións que esixe a través dunha moción, que ven de rexistrar esta mañá e que se debatirá no pleno provincial do vindeiro martes.
En dita moción o grupo provincial do PP pide ao presidente do Organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, que as contas do Organismo Provincial contemplen un informe de impacto de xénero, é dicir, un estudo riguroso analizando a influencia de tódalas partidas, actuacións e programas en homes e mulleres.
Critican os populares que nos últimos anos Gómez Besteiro recortou á mitade a partida para igualdade, sendo no 2013: 240 mil euros; no 2014: 140 mil e 2015: 120 mil.
Conclúen o grupo provincial popular recalcando que é tarefa dos poderes públicos loitar para previr e erradicar a violencia de xénero, artellando así medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.



















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



