A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, de acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), avisa por ventos e chuvia na metade norte peninsular, especialmente, en Galicia, Asturias e Cantabria.
Os ventos costeiros poden provocar ondas superiores aos 5 metros de altura nas costas de Galicia e os refachos de vento no litoral da Coruña, Lugo, e nas zonas de montaña de Ourense, Asturias e Cantabria poderían alcanzar os 100 km/h. As precipitacións poderían alcanzar os 15 m/l nunha hora.
Ante chuvias intensas e persistentes:
– Se vai conducindo, diminúa a velocidade, extreme as precaucións e non se deteña en zonas onde poida discorrer gran cantidade de auga.
– Se ten que viaxar, procure circular preferentemente por estradas principais e autoestradas.
– Se comeza a chover de xeito torrencial, pense que existe risco de inundación. Non atravese co seu vehículo nin a pé os tramos inundados, porque descoñece o que pode haber debaixo da auga, e localice os puntos máis altos da zona. Non intente salvar o seu automóbil no medio dunha inundación.
– Se se encontra no campo, hai que afastarse dos ríos, torrentes e zonas baixas de abas e outeiros, evitando atravesar vaos inundados. Igualmente, debe dirixirse aos puntos máis altos da zona.
– Non obstante, o difícil prognóstico dos fenómenos tormentosos aconsella manterse informado en todo momento da posible evolución dos cambios meteorolóxicos.
Ante o risco de inundacións:
. Mantéñase permanentemente informado, a través da radio e doutros medios de comunicación, das predicións meteorolóxicas e do estado da situación.
. Non conduza en áreas inundadas. Abandone o automóbil e busque un terreo máis alto cando se vexa rodeado por unha corrente de auga.
. Procure circular, preferentemente, por estradas principais e autoestradas.
. Procure afastarse de vías e torrentes e non trate de atravesar a pé vaos inundados ou correntes de auga.
. Se ten que evacuar o seu domicilio, traslade os artigos esenciais aos pisos máis altos, peche a toma principal de electricidade e gas e siga as instrucións das autoridades.
Ante fortes ventos:
– Convén asegurar portas, ventás e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción ou grúas que poidan desprenderse. Tamén, convén absterse de subir ás estadas sen as axeitadas medidas de protección.
– Se vai conducindo, extreme as precaucións, especialmente na saída de túneles, adiantamentos e cruzamento con vehículos pesados en estradas de dobre sentido. Poña atención ante a posible presenza de obstáculos na estrada.
Ante ventos costeiros:
– Se se encontra en zonas marítimas, procure afastarse da praia e doutros lugares baixos que poidan ser afectados polas elevadas mareas e ondadas que adoitan xerarse ante a intensidade de ventos fortes
– Nestas situacións, o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastralo se se encontra nas proximidades do mar.