Nunha tarde invernal, con choivas abundantes, a tirada de A Vara foi excelente rexistrando unha participación de 35 inscritos.
Liga Senior Masculina
Mala xornada para os líderes, en especial para Rafael González e Francisco Pérez, que só conseguiron ser 8º e 10º respectivamente nesta tirada de A Vara. Estes resultados propiciaron unha gran igualdade nos postos de honra: Rafa segue líder unha semana máis, agora con 43 puntos, só 6 máis que Sócrates Campo e Arturo Vigo que comparten o segundo escalón con 37 puntos; Moisés, grazas aos 5 puntos da tirada máis a bolada, manténse arriba cuns excelentes 36 puntos, seguido de Francisco Pérez con 33 e que baixa da 2ª á quinta posición. José Vigo, gañador da tirada, con 27 puntos accede á 6ª posición. Polo tanto, despois de celebradas 6 tiradas, un tercio do campionato, non pode haber maior igualdade nesta categoría. Nestes sexteto de cabeza só votamos en falta ao actual campión, Álex Meitín, quen non pode asistir regularmente ao campionato xa que lle coincide co fútbol (xoga na U.D. Xove-Lago); inda así ocupa un meritorio 8º posto con 23 puntos.
Liga Senior Feminina
Nesta categoría sigue a pelexa entre a veterana e doble campiona Carmen Roca e a xove Salomé Cardoso na súa primeira participación nesta categoría, con Belén Meitín, actual campioa, á espectativa.
Nesta categoría estase a destacar o trio formado por Carmen, Salomé Cardoso e Belén, que nestes intres están a xogar nun nivel superior ao resto. Nesta clasificación votamos de menos a Dolors Baño, gañadora da Liga 2010-2011, non está a atravesar polo seu momento, inda que cremos que ten un amplo marxe de mellora, e con 12 tirada por disputar ten inda terreno para recuperar.
Liga Sub 16
Esta Liga está a converterse nunha auténtica ditadura. 4ª victoria consecutiva e 5ª de 6 tiradas celebradas a cargo de Daniel Alonso. A verdade é que Daniel está a xogar a outro nivel, realmente tan alto que, con só 14 anos, está nestes intres máis perto do nivel da Liga Sénior que da súa. O seu contrincante, que nesta temporada non é outro que Miguel Formoso, non está dando o nivel que todos esperábamos del, e como non espabile terá que conformarse co segundo posto na clasificación e vixiar que non o inquieten por detrais. Terceira nesta clasificación temos a xove Lara Rodríugez, quen grazas aos dous 3º postos acadados nas últimas tiradas pasoulle a Julia López. Se non cambian as cousas, Daniel irá polo campionato, Miguel polo subcampionato, mentres que Lara, Julia, Hugo, etc. terán que pelexarse pola 3ª praza restante.
A vindeira tirada deberíase celebrar no campo do Centro Social de VILACHÁ, ESTE SÁBADO, 15 DE OUTUBRO DE 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (8 NOVEMBRO DE 2014) 35 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 278 | 12 |
SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 254 | 10 |
TERCEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES | 250 | 8 |
CUARTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 248 | 7 |
QUINTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 245 | 6 |
SEXTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 241 | 5 |
SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 229 | 4 |
OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 225 | 3 |
NOVENO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA | 214 | 2 |
DÉCIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 212 | 1 |
MELLOR BOLADA | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 86 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 178 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FROMOSO | 109 | 4 |
TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 99 | 3 |
CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 83 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 71 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 53 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 176 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 137 | 4 |
TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO 90 | 90 | 3 |
CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 90 | 2 |
QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 68 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 52 | 1 |