Ribadeo, 19 de decembro de 2014. A Concellaría de Turismo e Desenvolvemento Local organiza para a última semana deste mes de decembro un programa de fomento da natureza baixo o nome Econadal. A actividade permitirá gozar dos espazos naturais máis valiosos de Ribadeo, en dúas xornadas distintas. A primeira levarase a cabo o 27 de decembro e consistirá nunha ruta guiada e interpretada polas unidades ambientais do ZEC de As Catedrais na súa parte máis descoñecida e coas súas especies máis emblemáticas. A ruta levará o nome de Os segredos das Catedrais e partirá ás 11.34 horas da estación de Feve ribadense, para logo chegar a Rinlo e comezar a andaina en dirección a Ribadeo. A duración estimada será de tres horas.
Ao día seguinte, o 28 de decembro, realizarase a segunda xornada consistente nunha prospección biolóxica intensiva dos dous hotspot ornitolóxicos ribadenses: a ría de Ribadeo e As Catedrais. Esta actividade denominada BioBlitz de inverno ría de Ribadeo- As Catedrais permitirá rastrexar mamíferos e flora característica do lugar e partirá ás 10 da mañá da estación de autobuses da vila, lugar onde os participantes collerán un microbús para facer a ruta. A duración da actividade será de 4 horas.
Ambas actividades están dirixida a todos os públicos, son de balde e teñen prazas limitadas. Os interesados poden solicitar máis información ou facer a súa reserva acudindo á Oficina de Turismo de Ribadeo, ou chamando ao teléfono 982 128 689.
Ana Martínez Fernández, concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo, explicou que “este ano dende a nosa Concellería propoñémosvos gozar destas datas dunha maneira diferente, alternativa e respectuosa, co fin de fomentar o amor pola natureza a través do noso programa Econadal decembro 2014. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a privilexiar a sostibilidade, a preservación e a apreciación e interpretación do medio que nos rodea. Por iso animámosvos a participar nestas actividades dirixidas a afondar no coñecemento dos nosos espazos naturais bandeira”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



