Santiago de Compostela, 9 de decembro. Lisardo Domínguez, portavoz de Autónomos de Galicia, AUGA, e María Jesús González Paradela, responsable do Departamento Xurídico da organización participaron no día de onte na xornada Que supón traballar como autónoma/o? que organizou o Colectivo Cultural Ollomao dentro do ciclo Xoves universitarios.
Domínguez e González Paradela agradeceron a invitación de Ollomao e “marchamos cun balance moi positivo, xa que a xornada foi un éxito de asistencia. Cremos que os veciños quedaron coas ideas básicas que quixemos transmitir e tratamos de resolverlles as dúbidas que plantexaron”.
Neste sentido, os dous responsables de AUGA recalcaron que “en xaneiro abriremos a primeira das oficinas de A Mariña en Burela e quedamos dende o día de hoxe á vosa disposición para calquera pregunta ou problema que vos xurda como autónomos. É moi importante concienciarnos de que ou nos organizamos ou acabomos por morrer”.
Dende Ollomao celebraron tamén que “os veciños amosaron moito interese polo tema e alegrámonos que fose unha actividade dinámica na que coñeceron outros recursos cos que poder contar”.