Pódese un asomar á fiestra e mirar o mundo. Con calma. Sen tempo. Saboreando o aquí e o agora. Contemplando o arbolito da esquina, que sempre miras sen ver. Agora podes observar as ramas que o frío espiu, e a gallardía con que aguanta o bufido tóxico dos coches, motos e artilugios cheiros e noxentos, os corrosivos ouriñes dos cans, a escaseza de auga, a calcinación dos veráns e a xeada das madrugadas invernales. Non é de estrañar que ao pobre arboliño desta historia se lle véxa tan canixo e deslucido. Pero, aínda así, está vivo. Como ti, a pesar da crisé e de Rajoy e os seus monecos que nos enchen de angustia estes tempos.
Pódese un aforrar os sarcasmos na comida familiar. Non fai falta que lle demostres nada á túa nai, o teu pai, os teus fillos, os teus cuñados, os teus suegros. A comida de Nadal non é o teatro no que debes representarte. Cada vez que teñas a tentación de responder cunha ironía emponzoñada a ese familiar que che cae tan mal, cómete un polvorón. Recorda os anos anteriores: armar a rifa non só non che liberou da agresividade, non só non che fixo sentir ben, senón que che amargou a tarde e arrepentícheste de estalar. Mellor enmudecer a golpe de mantecados e turrons.
Pódese esquecer por unhas horas esas preocupacións obsesivas, esas feridas morais que arrastras ás costas. Non lle deas tanta importancia aos teus problemas: ninguén máis o fai.
Por certo quizas pódese intentar non repetir vinte veces ao día que odias estas festas. E, ata, podes deixar saír por un instante ao neno que levas secuestrado dentro de ti. Quizá che revolvas contra o Nadal porque os recordos che pellizcan nalgún recóndito lugar da memoria. Pero hoxe non é onte. Concéntrate no pequeno. Na comida rica. En celebrar o milagre de que haxa xente que che queira. Non sexas pelma. Reláxache e goza. E todo esto dicho alguen que non e a alegria da festa, e ateo e non llegusta moito, que digamos a navidade.
¡BOAS FESTAS¡
Otero Regal.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



