Cervo, 3 de decembro de 2014- O Concello de Cervo fixo entrega dos cheques das axudas para material escolar e libros a un total de 15 familias con fillos cursando segundo ciclo de educación infantil. Os importes que percibiron varían segundo o caso xa que a subvención concédese atendendo aos gastos que tivese cada alumno, sempre relacionados co material escolar e os libros necesarios para eses cursos, aínda que sempre ata un máximo de 130 euros por neno.
Unhas axudas que corresponden ao curso 2014-2015 e que teñen o obxectivo de “apoiar aos pais e nais á hora de afrontar os gastos extraordinarios dun novo curso escolar”, asegura a edil de Educación, Pilar Armada, que estivo presente na entrega xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Unhas axudas que financia o Concello con fondos 100% municipais, ao igual que ocorre con outras liñas de subvencións no ámbito educativo, como as de transporte escolar, que tamén se veñen concedendo todos os anos. Nese caso, os cheques, (de ata 200 euros por alumno), entregaranse ao longo deste mes e as axudas están dirixidas a aquelas persoas que teñen que saír fóra a estudar titulacións ou ensinanzas que non se imparten en Cervo.
Ao mesmo tempo, o Concello tamén concede axudas aos colexios e outras entidades como as ANPAS para “contribuír a completar e facer máis dinámica a actividade académica e educativa” engade Armada, “de forma que tentamos apoiar a todos os colectivos implicados na formación dos nosos fillos”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



