Bruxelas, 03 Decembro 2014. Co obxectivo de discutir varios aspectos do proxecto de novo regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe de produtos ecolóxicos da Comisión Europea, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo realizou hoxe unha audiencia pública baixo o título “O regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos”. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) Lídia Senra, na súa responsabilidade como Coordinadora do GUE/NGL para a Comisión de Agricultura, apostou por convidar como experta á labrega Elia Rodríguez Álvarez, con máis de vinte anos de experiencia na produción ecolóxica na Galiza e, na actualidade, representante do Sindicato Labrego Galego no Consello Regulador de Produción Ecolóxica (CRAEGA).
Na súa intervención, a labrega Elia Rodríguez -que destacou entre todas as persoas expertas convidadas por achegar ao auditorio un discurso sincero e apegado á realidade-, deu boa conta do posicionamento das labregas e labregos que realizan o seu traballo cunha clara conciencia do valor social que ten a produción alimentar. En relación ás intervencións de expertos e deputados que sinalaban que un maior control da produción ecolóxica implicaría o encarecemento da mesma, Elia fixou firmemente a súa posición: “O consumo ecolóxico vai en aumento, polo que deberiamos incrementar a nosa capacidade de producir este tipo de alimentos, pero eu non quero producir para unha elite, senón para todo o mundo, e para iso precisamos ter máis apoio das institucións, para poder dar alimentación sa a toda a poboación”.
E. Rodríguez defendeu tamén a necesidade de camiñar cara unha agricultura sostíbel, “unha explotación ecolóxica mellora as calidades de vida do campesiñado, do medioambiente, crea postos de traballo e fixa poboación no medio rural”, abondou avogando pola necesidade dun “mundo rural vivo” que, ademais, “grazas ao establecemento dun maior número de labregas e labregos contribuiría a parar os lumes”. “As explotacións ecolóxicas crean paisaxe e ‘paisanaxe’ “, resumiu.
En relación á valoración solicitada pola Comisión con respecto á afección das importacións de produtos ecolóxicos no territorio comunitario, demandou “os límites para estas importacións teñen que ser os mesmos que hai na UE”, ademais “non debería ser tan difícil facer este controles, xa que as exportacións non veñen de kilo en kilo”, engadiu con retranca.
Elia denunciou tamén as dificultades para conseguir sementes ecolóxicas na Galiza e no Estado, “é difícil atopalas certificadas, hai que pedilas a outros países da UE, e temos o problema de que non están adaptadas ao noso territorio”, por iso, insistiu “eu aposto porque se permita o intercambio de sementes entre labregas e labregos.” Ademais, en relación á contaminación dos produtos, aseverou con contundencia “os cultivos transxénicos deberían estar totalmente prohibidos na UE se queremos unha agricultura sa”.
En relación á grande carga burocrática á que se enfrontan diariamente as explotacións, Elia denunciou que, na actualidade, tanto na Galiza como no Estado “somos as produtoras as que temos que pagar a certificación, incrementándose polo tanto os custos de produción. Eu penso que isto deberíano facer as institucións, a certificación debería de ser un servizo público”. E, en relación a este aspecto, “as pequenas explotacións terían que ser certificadas coma un todo, independente de que teñan animais e horta”.
Pola súa banda, a eurodeputada de AGEe Lidia Senra, valorou “moi positivamente” a participación dunha labrega galega neste foro, xa que “aportou a súa experiencia directa, as reivindicacións e dificultades das pequenas e medianas explotacións”. E, en relación á proposta de modificación do regulamento de produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos da Comisión Europea sinalou “a agricultura ecolóxica vai moito máis alá do que é podermos acceder a alimentos sans, xa que temos que ter en conta que supón tamén unha ferramenta fundamental para loitar contra o cambio climático, polo que dende AGEe consideramos que a través desta normativa débese favorecer ás producións labregas para os mercados locais e de proximidade”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



