O arqueólogo subacuático Miguel San Claudio Santa Cruz ofrecerá no Casino de Viveiro unha conferencia sobre a importancia que para Galicia ten a súa situación estratéxica fronte ó Atlántico e como a navegación fronte a estas costas nos dotou dun amplo patrimonio cultural que é reflexo da historia europea. O expositor centrarase na costa norte formulando a necesidade do seu estudo e as oportunidades que este nos ofrece. Antonio Nores Quesada, en representación da Real Liga Naval Española, presenta o acto o venres 12 de decembro a partir das 20.30 horas.