Clasificación histórica do CD Burela FS Pescados Rubén para a Copa de España 2015 que se disputará en Cidade Real. O equipo dirixido por Juanlu Alonso consegue o billete copeiro ao gañar por 3-6 ao Montesinos Jumilla e trala derrota do Peñíscola Bodegas Dunviro (4-3) na cancha do Aspil Vidal Ribera Navarra. Con estes resultados o Burela Pescados Rubén ocupa a oitava praza que supón o seu pase copero e despide un ano histórico. En 2014 o CD Burela FS Pescados Rubén acadou o seu primeiro play off polo título e agora consegue a súa primeira clasificación para a Copa de España.
O conxunto da Mariña consegue a súa primeira clasificación á Copa de España cun gran partido en terras murcianas onde mostrou a templanza precisa para conquistar os tres puntos. O choque comezou cun ritmo frenético por parte da escuadra laranxa que acosou a meta local pero tras perdoar o Montesinos acertou na súa primeira ocasión para abrir o marcador (1-0). Lonxe de amilanarse os mariñaos persistiron na súa idea e lograron remontar o encontro cun golazo de Chano e outro de Iago Míguez (1-2) no ecuador do primeiro periodo. A intensidade do partido provocou por momentos un intercambio de ocasións sendo as máis claras de cor laranxa pero máis efectivo o cadro local que empatou o choque (2-2), minuto 16. Sen tregua continuou o duelo e emerxeu a figura do killer laranxa. Matamoros non faltou á súa cita co gol e cun golazo de falta directa estableceu o 2-3 co que se chegou ao descanso.
Na continuación, o Montesinos apertou a un Burela que tivo en Edu ao seu mellor xogador durante esa fase de acoso local que fulminou Iago Míguez ao marcar o 2-4 nun contragolpe, minuto 30. A partir deste tanto o Burela Pescados Rubén manexou con temple o partido e aínda que o intentou o Jumilla con xogo de cinco foron os mariñaos os que aumentaron a súa renda con goles de Antoñito e Chano. Nos instantes finais o Montesinos Jumilla marcou o definitivo 3-6.
Ficha técnica
Montesinos Jumilla: Chico, Aarón, Ique, Pizarro, Josiko –cinco inicial- Alamiro, Boyis, Constantino, Rober, Pichi, Lorenzo.
Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Matamoros, Carlitos, Antoñito –cinco inicial- Chano, Ángel, Hélder, Iago Mïguez.
Goles: 1-0, m.3, Boyis; 1-1, m.5, Chano; 1-2, m.10, Iago Míguez; 2-2, m.16, Pichi; 2-3, m.18, Matamoros; 2-4, m.30, Iago Míguez; 2-5, m.37, Antoñito; 2-6, m.39, Chano; 3-6, m.40, Pizarro.
Árbitros: Bernabeu Haro, Sánchez Ayala. Amarela a Carlitos (Burela) no minuto 28 e Alamario (Jumilla) no minuto 27.
Incidencias: Partidos correspondente á xornada 15 da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala. Disputado no pavillón Carlos García Ruiz de Jumilla. 500 espectadores.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
