A Curva, Mesón Os Arcos, Flanagans, Gato Pardo, O Recuncho e Óscar Joyeros impuxéronse nos seus respectivos partidos da novena xornada de Liga de fútbol sala de veteranos de Viveiro.
A Curva 4 – 0 Mesón A Fonte
Temple Bar 5 – 6 Mesón Os Arcos
Flanagans 4 – 2 Juve Chavín
O Mesón 0 – 2 Gato Pardo
Forum 1- 4 O Recuncho
Mesón Lodeiro 4 – 6 Óscar Joyeros
Con estes resultados, Gato Pardo continúa como líder con 27 puntos tras permanecer invicto nesta temporada. Óscar Joyeros suma 22 puntos e A Curva, 21. Mesón Lodeiro continúa de colista cun único punto, mentres que Juve Chaín suma tres, pero manténse tamén na zona baixa.
A Liga de Veteranos de Viveiro retomarase despois do Nadal, o luns 12 de xaneiro.
Xornada 10
Mesón Os Arcos – Mesón Lodeiro: luns 12 de xaneiro ás 20.30 horas.
Cofipesca – A Curva: luns 12 de xaneiro ás 21.15 horas.
Gato Pardo – Temple Bar: luns 12 de xaneiro ás 22.00 horas.
Mesón A Fonte – Fórum: xoves 15 de xaneiro ás 20.30 horas.
Óscar Joyeros – Flanagas: xoves 15 de xaneiro ás 21.15 horas.
O Recuncho – O Mesón: xoves 15 de xaneiro ás 22.00 horas.
Descansa: Juve Chavín.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
