O sábado 6 de decembro a cidade de Viveiro, coñecida mundialmente por ser a casa do afamado “Resurrection Fest”), vestirarse de festa para presentar un concerto de Hardcore e Metal. DIE IN A MOSH, é como se bautizou a esta noite que promete permanecer no recordo de todo o público amante do hardcore.
As instalacións do Casino Club Náutico de Viveiro albergarán unha noite na que actuarán:
– TERRA HOSTIL: Banda local antes coñecida como “Proxecto V”. Practicantes dun Hardcore Old SSchool que recorda moito á escena ochenteira de New York.
-VORTEX: Banda pontevedresa de Metalcore, acaban de presentar o seu primeiro disco “Confussions”, o cal está tendo moi boa acolleita. Teloneros de S.A. nas festas patronais de Pontevedra, a nova banda preséntase por primeira vez en Viveiro.
– ACIDPROYECT: Grupo ourensán de Metal Alternativo, acaban de sacar un vieoclip da súa canción “Ouija”, que foi elixido un dos mellores videoclips españois de 2014. Actuaron en grandes escenarios como o do LIVE FOR MADNESS METAL FEST ou o DERRAME ROCK. Banda que tamén pisa por vez primeira o pobo de Viveiro.
– AMEAZA DE MORTE: Esta será a data final do tour presentación da súa EP “Deathcoast”. A banda xa coñece o público local, xa que formaron parte do cartel do RESURRECTION FEST do pasado ano. Deathcore/Beatdown no seu estado máis puro é a firma deste cuarteto de Malpica de Bergantiños.
A cita será o sábado 6 de decembro a partir das 23.00 horas no Casino Club Náutivo de Viveiro por un prezo de 5 euros. Os interesados poden reservas entradas a través do enderezo santiritter@rockgalicia.com ata este venres 5 de decembro.