O restaurante San Miguel, de Ribadeo, acaba de estrear nova páxina web, na que inclúe máis contidos. E, ademais incrementou a súa presenza nas redes sociais coa creación dunha conta en twitter –@RestauSanMiguel– que se suma ó seu perfil de facebook. Na renovada web, www.restaurantesanmiguel.org, hai numerosas informacións e fotografías sobre as instalacións do establecemento ubicado no porto deportivo de Porcillán, da súa ampla e variada carta de pratos e bebidas, do equipo de traballadores do restaurante e do entorno onde está situado. A través da conta twitter recentemente creada e do perfil de facebook dáse a coñecer a actualidade deste establecemento hostaleiro propiedade de José Miguel González e José Ramón Rodríguez, que ademais é o xerente e xefe de cociña.



















Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



