Burela, 3 de decembro de 2014. A Concellería de Cultura de Burela continúa coa súa programación cultural de outono para este ano 2014 e presenta o vindeiro venres, 5 de decembro, un concerto de boleros a cargo do Grupo Rosas. O recital terá lugar a partir das 21:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura da vila e contará coa proxección dun montaxe audiovisual inédito. A entrada será gratuíta ata completar aforo.
Tal e coma informan dende a Concellería de Cultura de Burela, o Grupo Rosas é unha formación nacida no ano 1998 para cubrir un espazo musical no Centro Catro Camiños de A Coruña, ofrecendo recitais en distintos programas de radio. Este grupo está integrado por Julia Mª Dopico á bandurra, Daniel Adzemian á guitarra e José Luís Mera como narrador. Dende os seus inicios levan participado en numerosas xiras e concertos, acadando o Premio da Música Gregorio Baudot, concedido pola Sociedade Artística Ferrolana, no ano 2013.
O espectáculo que o Grupo Rosas ofrecerá en Burela consiste nun concerto denominado Boleros para a lembranza, no cal se interpretarán pezas como Perfídia, Noche de Ronda, Galopera ou Dos Gardenias. Un recital co que o grupo busca emocionar a calquera público que sexa capaz de identificarse coas súas melodías e os seus versos, transmitidos a través dunha orixinal e persoal posta en escea.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



