Foz 22/11/2014.- O PSOE de Foz organiza o venres, 12 de decembro, a súa tradicional cea de Nadal. Será no Restaurante “A Quinta” a partir das 22.00 horas con un menú típico destas datas.
Convidamos a tódolos veciños e veciñas que no queiran acompañar a anotarse antes do xoves a mediodía chamando ao teléfono 667 052 058.
Previamente, ás 20.00 horas terá lugar na sede do partido a asemblea ordinaria de afiliados.
Esta cea, converteuse xa nunha cita clásica nestas datas para os socialistas de Foz, cuxo obxectivo é reunirse nunha festa de confraternización con todos os seus amigos, amigas, simpatizantes e afiliados, onde o primordial é despedir o ano desexando que o próximo sexa moito mellor que o que deixamos para todos os nosos veciños e veciñas.