A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara xa a que será a súa derradeira andaina deste ano 2014. Desta volta, como non podía ser doutro xeito, toca pisar terras de A Fonsagrada, para disfrutar da ruta Fornaza-Praia Fluvial da Pena do Inferno, que ten unha distancia duns 10 km e a dificultade é media. Ao rematar a ruta xantarase un Súper Cocido nun coñecido restaurante da zona. Sairase ás 08.15 horas do Cantón de Lourenzá. E moi importante levar botas e bastón. O prazo de inscrición remata o xoves 11 de decembro ás 14.00, nos teléfonos 982 121 006 (Pepe), 658 097 133 (Miguel) ou a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. O prezo será de 25€ para os socios e de 30€ para os non socios.
Terras de Lourenzá percorrerá A Fonsagrada
Terras de Lourenzá percorrerá A Fonsagrada
Relacionado
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Concello
-
A Xunta vén de entregar un local propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ao Concello de Viveiro
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello