O programa de Nadal do Concello de Xove continúa a súa marcha este sábado 27 de decembro cun dos pratos: a cuarta edición do CONCURSO DE KARAOKE que se desenvolverá a partir das 21.30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuíta e poderase formalizar o propio día de celebración do Concurso en horario de 17.00 a 19.00 horas no Pavillón Municipal.
Os participantes das distintas categorías tamén poderán ensaiar a canción que presenten algo antes do concurso, de 17.00 a 19.00 horas, seguindo a orde de inscrición.
Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que o Pavillón esté a punto e reluza coas súas mellores galas. Por iso, o Concello aproveita para convidar a veciños e visitantes a asistir a “este magnífico espectáculo músico-vocal” co que agardan “encher o recinto coma o ano pasado”.
A entrada ao mesmo e TOTALMENTE LIBRE E GRATUÍTA.