Mellorando o seu traballo defensivo, o Ribadeo CF desprazouse a Redondela para volver á casa cun punto ante o Choco que viña de perder dous partidos, un menos que os que encadeaban os de Germán Campos e Manoló Vilachá.
Con este resultado comeza a remontada dos celestes que deixaron escapar 9 importantes puntos nos últimos encontros desta temporada 2014/2015 da Terceira División.
Os ribadenses mantiveron unha boa defensa na primeira parte onde non houbo tantos por ningunha das partes. Inauguraba o marcador Silva no minuto 55 ó transformar un penalti sobre él mesmo. Pero, 9 minutos máis tarde, Rafa Casanova empataba o encontro. E, posteriormente, Santi adiantaba ós visitantes tras un saque de córner de Kiko. Hugo empataba para os locais xa no tempo de desconto.