O CD Burela FS Pescados Rubén abre na tarde deste luns a venda anticipada de entradas para o amigable que acollerá o pavillón Vista Alegre entre a Selección Española Absoluta e Ucraína, o vindeiro luns, 5 de xaneiro (17.00 horas).
Todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede laranxa ata o luns ás 14.00 horas (Horario de atención ao público: De luns a venres 10.00-14.00//16.00-19.00 horas). Para menores de 18 anos o prezo será de 2 euros e para adult@s de 10 €, aínda que todos os menores de idade que acudan acompañad@s dun adulto terán entrada gratuíta.
Liderando o ranking UEFA, España medirase á quinta clasificada da lista como preparatorio da fase previa da Eurocopa de Macedonia. É a primeira vez que España e Ucraína vense as caras nun encontro amigable. Disputaron dez partidos oficiais e en todos eles saíu vitoriosa a Vermella, sempre con resultados moi axustados.
O martes 6, ambos os combinados volveranse enfrontar en Ferrol (A Malata, 19.30 horas).
Convocatoria de España
– Porteiros: Paco Sedano (FC Barcelona) e Jesús Herrero (Inter Movistar)
– Peches: Aicardo (FC Barcelona), José Ruiz (ElPozo Murcia), Lolo (Inter Movistar).
– Alas: Rivillos (Inter Movistar), Sergio Lozano (FC Barcelona), Pola (Inter Movistar), Adri (ElPozo Murcia), Adolfo (Marfil Santa Coloma).
– Ala-pivotes: Raúl Campos (ElPozo Murcia), Quintela (Santiago Futsal).
– Pivotes: Fernandao (Dinamo de Moscú) e Álex (ElPozo Murcia).





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
