A Xunta de Goberno este venres aprobou a contratación dos traballos de instalación e dotación dun parque ambiental e biosaudable no Valadouro por valor de 52.700 euros, financiados nun 80% pola Unión Europea e nun 20% pola Deputación, posto que se trata dunha iniciativa enmarcada no programa medioambiental Lug02.
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se situarase na parroquia de Moucide, á carón do local social, e incluirá, ademais de aparellos para nenos, instalacións para o disfrute medioambiental deste espazo, con indicadores sobre a riqueza natural da zona. “Con este parque ambiental e biosaudable, contribuímos a mellorar a calidade de vida no Valadouro, onde o 35% dos seus habitantes supera os 65 anos, fronte ao 8% que ten menos de 16 anos”, destacou.
Débeda saldada
A sesión aprobou o último trámite administrativo para que a colección de Álvaro Gil volva ao Museo Provincial. Trátase do expediente do sistema de pagamento pola subministración das pezas de ourivería. Suma 2,3 millóns de euros, que se aboarán en 5 anualidades. O 10 de febreiro asinarase o contrato e o documento de renuncia a reclamacións. Ese mesmo día voltará a colección ao Museo Provincial. Martínez destacou que “este Goberno Provincial salda outra débeda do PP cos lucenses, ao igual que fixemos co canon hidroeléctrico ou cos parques de bombeiros”.
Pallozas
Martínez fixo referencia ás declaracións da Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, sobre as Pallozas do Piornedo e subliñou que “lle debería dar vergoña ir a FITUR a presumir das Pallozas, cando a Palloza na que peor estado se atopa é, precisamente a da Xunta; cando o Goberno galego do que forma parte é o responsable da situación na que se encontran porque decidiu suprimirlles as axudas autonómicas que recibían anualmente; e cando é a Xunta a responsable legal do seu arranxo, como Ben de Interese Cultural e, sen embargo, tivo que ser a Deputación de Lugo a que asumise o 65% dos custes das obras de mellora, achegando 260.000 euros fronte á subvención de 100.000 euros, financiados nun 80% pola Unión Europea, é dicir, nin tan sequera son fondos propios, da Xunta de Galicia”.
O voceiro engadiu que Raquel Arias “debería coñecer os trámites administrativos”, posto que, actualmente, cúmprese co prazo legal de 26 días naturais da presentación de ofertas para a contratación das obras de reparación dos tellados. “Mentres esperamos polo permisos da Xunta, Concello e veciños fomos axilizando este proceso, elaborando o prego e o expediente. A mesma semana na que recibimos as derradeiras licencias, publicouse no BOP e no Perfil do Contratante este contrato. Agora, hai que cumprir cos prazos que establece a lei”. A Deputación xa iniciou os procesos de contratación das obras de saneamento e de iluminación mentres espera polos permisos da Xunta, Concello e veciños para axilizar estes procesos.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



