Ribadeo, 30 de xaneiro de 2014. Este venres segue a programación cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre do ano. Será co concerto de Oh Trío ás 21 horas no Teatro, dentro do ciclo das Músicas Posíbeis. Estre grupo presenta o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do Cancioneiro Galego de E.Martínez Torner / J.Bal y Gay. E a oferta para os máis pequenos iníciase do domingo, 1 de febreiro, ás 17.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval con R. Redrum Teatro que presenta Roedores, unha fábula sobre a igualdade e a superación das diferenzas.
Segundo explica a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, “a oferta estable no ámbito teatral ten polo menos outros 3 títulos ata o mes de xuño aos que previsiblemente se sume algún máis. En cartel estará Pequenos actos revolucionarios de Ibuprofeno Teatro, premio María Casares á mellor actriz para Marián Bañobre e ao mellor texto orixinal para Santiago Cortegoso. Tamén chegará a Ribadeo o Misterio cómico, de Darío Fo con Teatro do Morcego. E haberá teatro afeccionado neste trimestre. Temos programado Soños dun sedutor, de Woody Allen , a cargo do grupo Tolemia”.
Os nenos e as nenas gozarán nas vindeiras semanas co teatro musical e a última montaxe de Magín Blanco, o autor da exitosa A nena e o grilo. “Desta vez os pequenos de Ribadeo disfrutarán da súa nova proposta: Gatuxo. Coma sempre nas vacacións de Semana Santa increméntase o número de actividades. Entre elas a Omix organiza o concerto de Pablo Díaz Xente miúda, pouca fartura. E moi pendentes de que a nosa oferta chegue ao máximo número de nenos e nenas posible esta Concellaría fai tres contratacións dirixidas ao alumnado dos centros de ensino e tendo en conta tres tramos de idade. Baobab e o seu Martes, para os máis pequeniños; Títeres Trompicallo e o O anano saltarín para os que son un pouco máis grandes e finalmente de novo A Panadaría para ESO e Bacharelato”.
Álvarez Lastra subliñou que “temos polo que á plástica se refire unha efeméride importante este ano. Cúmprense 10 anos do pasamento de Suso Peña. Na sala da Omic de Ribadeo vanse dar cita 18 artistas da comarca nunha exposición que contará coa inestimable colaboración tamén de Gráficas Lar, de Viveiro”.
Tamén se inclúe na axenda cultural de Ribadeo, aínda que está organizada pola Concellaría de Turismo e Desenvolvemento Local, a celebración do Día dos Humidais. O 7 de febreiro haberá un relatorio sobre as aves da ría a cargo do profesor Díaz-Formentí e logo pola tarde un roteiro guiado por especialistas en aves e para o que haberá que inscribirse.
Dentro do ciclo Músicas Posíbeis “temos tamén dúas excelentes propostas de música de tango. Primeiro con Jorge Giuliano, o guitarrista acompañante durante 6 anos de Mercedes Sosa, e seguiremos con Nuestro Tango. A música de acordeón protagonizará outra das nosas sesións no Teatro con 5 intérpretes de Euskalherría”, seguiu a relatar a concelleira de Cultura. Mariluz Álvarez Lastra engadiu que “Sés, que está a piques de presentar o seu novo traballo discográfico, estará con nós o 18 de abril. Neste 1º semestre como é habitual tamén teremos os concertos da BMMR: da Semana Santa e das Letras Galegas. E rematamos dicindo que duns anos para aquí estase a institucionalizar o día 24 de febreiro, nacemento de Rosalía de Castro, como a data que recoñece a figura galega e universal da nosa escritora. O Concello de Ribadeo quere unirse un ano máis a esta celebración e desta vez farao cunha das voces coas que máis identificamos a poeta de Padrón. Amancio Prada actuará no noso auditorio o sábado 21 de febreiro”.
A edil nacionalista dixo que “dentro duns días darán comezo todas as actividades do Entroido, que darán comezo o 7 de febreiro e rematarán o 21”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



