CADERNOS DA VIAXE. Algunhas persoas observarían este Nadal que a sinaléctica temporal das oficinas e máis a publicidade exterior da campaña de Nadal ían en castelán. E fonets oficiosas informan que tense decidido moi alto relegar o galego a un uso testemuñal.
Abanca autoposiciónase no segmento da banca minorista e está a recuperar a cota de mercado que a Caixa fusionada chegou ter no mercado galego (máis do 40% dos créditos e depósitos). Isto é, quere fidelizar, lexítimamente, ás empresas e familias que facían parte da clientela das Caixas galegas. É dicir, arela unha posición relevante no mercado financeiro galego.
R xa demostrou, canda moitas outras empresas galegas, que a nosa lingua nunca resta e sempre suma. Suma con todos aqueles que a usan e cos que non o fan, pero a queren e valoran coma unha riqueza de noso. Suma o valor da diferenza, produto da identidade e da proximidade. A diferenza- o ADN que din os de R -, é esencial na elección dunha rede e produto. Máis aínda na banca, que xoga con factores de proximidade e territorialidade. E máis no caso de Abanca que se chama herdeira dese “sentir común” da clientela galega.
Usar decote o galego non lle resta nada a Abanca. Porque eses centos de extremistas absurdamente antigalegos non constitúen o seu público obxectivo. De certo serán xa clientes doutra entidade con sede operativa no Madrid financeiro e nada contaminada pola galeguidade.
Galicia amosa unha práctica diglósica e certamente hai centos de milleiros de persoas que usan decote o castelán. Mais o uso das linguas na venda de produtos bancarios non é un problema do 50%, porque neste país todos entendemos e case todos aprezamos o galego. E para que Abanca poida vender galeguidade, proximidade, identidade e “sentir común” precisa apostar na súa publicidade., comunicación e sinaléctica polo galego como lingua de uso preferente. Outra decisión sería un grave erro de marketing.
A ARRINCADEIRA: ISIDRO PARGA PONDAL
O Foro Peinador homenaxea o xeólogo e empresario Isidro Parga Pondal, profesor da USC entre 1922 e 1936, cando foi depurado. Demostrou que é posíbel facer ciencia de calidade na Galicia e, sobre todo, compatibilizar ciencia e empresa. Él estaría hoxe a nos advertir que recurtar en I+D+i é aceptar a pobreza, a dependencia e a mediocridade.
Xoán Antón Pérez-Lema


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



