O Inter Movistar venceu por un claro 5-0 a un Burela Pescados Rubén que plantou cara ao campión durante a primeira parte ata que apareceu a figura de Ricardinho. A estrela madrileña regresou este sábado á pista trala súa lesión e abriu o marcador no minuto 13 de partido. O 1-0 propiciou que os interistas se soltasen ante un Burela Pescados Rubén competitivo e que tivo un par de ocasións para adiantarse pero a maxia do portugués comezou a desnivelar o duelo. Antes do descanso chegou o 2-0 que conseguiu pola tras un saque de esquina.
Con este marcador retiráronse a vestiarios e na continuación o rápido gol de Borja (3-0) complicou calquera atisbo de remontada laranxa. Os mariñaos intentaron recortar distancias pero o Inter Movistar preferiu non relaxarse e asegurou a súa vitoria con dous novos goles. Pola e David Pazos redondearon o triunfo local (5-0) que mantén aos interistas como líderes invictos da Primeira División.
Ficha técnica
Inter Movistar: Jesús Herrero, Lolo, Rafael, Rivillos, Cardinal –cinco inicial- Pola, Ricardinho, Rubén Orzáez, Borja, Pablo Mel, David Pazos.
Burela Pescados Rubén: Alex, Isi, Carlitos, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Bellvert, Iago Mïguez, Renato, Chano, Helder.
Goles: 1-0, m.13, Ricardinho; 2-0, m.17, Pola; 3-0, m.22, Borja; 4-0, m.27, Pola; 5-0, m.32, David Pazos.
Árbitros: García Donas, Moreno Millán. Amosaron cartón amarelo no Burela a Carlitos, Bellvert, Iago Míguez e Chano.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 da Primeira División da LNFS. Disputado no pavillón Fundación Montemadrid.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
