Foz, 16 de xaneiro de 2015. O Concello de Foz ven de anunciar que comezará os seus actos de celebración do Entroido 2015 o sábado 31 de xaneiro. Ese día levarase a cabo a coroación da raíña do Entroido na vila, recoñecemento que este ano recaeu na rapaza focense Sandra Rey Oliveros. O acto de coroación terá lugar nunha cea que se celebrará a partir das 22.00 horas no pavillón do Colexio Martínez Otero, coma ven sendo habitual nos últimos anos. A cea estará composta de pratos típicos do Entroido e terá un custo de 23 euros. Posteriormente levarase a cabo un baile amenizado polo Dúo Epo-K, no que, como novidade este ano, só poderán participar os asistentes á cea. Os interesados poden anotarse antes do 29 de xaneiro na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, adiantou que “o sábado día 31 de xaneiro ás 10 da noite darán comezo os actos do Entroido de Foz 2015. Farano coa cea de coroación da raíña do Entroido deste ano, Sandra Rey Oliveros, e as súas damas: Tamara Rodríguez González e Claudia Sánchez Bermúdez. A cea farase no pavillón do Martínez Otero, coma en anos anteriores, e o menú será o típico do Entroido: sopa de cocido, cocido, sobremesa, viño tinto e branco, café e chupito. O prezo da tarxeta non varía respecto a anos anteriores e mantense nos 23 euros por persoa. Todos aqueles que queiran asistir á cea poden apuntarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz falando con Pili, que é a nosa técnica de cultura e a que se vai a encargar da organización das mesas”.
Paleo engadiu que “é importante destacar algo no que noutros anos non se poñía reparo, pero este ano tomouse a decisión de que toda aquela xente que non asista á cea non poderá acceder despois ao pavillón para o posterior baile. Ademais, este ano tamén nos esforzaremos un pouco máis no tema da calefacción para o pavillón, xa que o ano pasado pasamos todos un pouquiño de frío ao dispoñer só dun canón de calor e dun par de setas. Sen embargo, este ano xa contaremos cun par de canóns e catro setas para facer a noite máis agradable”.
O concelleiro de Cultura de Foz invitou “a tódolos veciños da Mariña, e como non, a tódalas peñas e grupos de Entroido que temos aquí, no concello de Foz, e que seguro que non faltan, coma tódolos anos. Dicirlles que para asistir á cea, a poder ser vaian todos disfrazados, para que así tódolos carnavaleiros gocen deste acto cos seus disfraces de gala e todos poidamos acompañar nesta noite tan especial á raíña e ás súas damas”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



