Bruxelas, 27 Xaneiro 2015. A gandeira Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG) e representante da Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) no Grupo Europeo de Diálogo Civil sobre o Leite e no Observatorio Europeo do Mercado Lácteo, participou este martes como experta no sector leiteiro na audiencia pública convocada pola Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo baixo o epígrafe “O paquete lácteo e as perspectivas para o sector leiteiro”, convidada pola eurodeputada de AGEe Lídia Senra como coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) para a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.
O paquete lácteo foi aprobado polo Parlamento Europeo en febreiro de 2012, inicialmente para facer fronte á situación crítica pola que estaba a atravesar daquela o sector leiteiro na UE, e que tivera o seu máis significativo precedente na caída de prezos do ano 2009 -ano no que, por exemplo na Galiza, o sector reivindicou os seus dereitos na rúa realizando varias tractoradas-. Teoricamente, os seus obxectivos eran reforzar a posición de produtores e produtoras na cadea comercial para mellorar as rendas e rematar coa posición de dominio e abuso das grandes distribuidoras comerciais e industrias, que impoñen prezos ruinosos ás explotacións.
Sen embargo, como denunciou hoxe Isabel Vilalba diante da Comisión de Agricultura, “a realidade, tres anos despois, é que a situación de control e de dominio da grande distribución mantívose; de feito, a grande distribución quedou totalmente fóra das medidas do paquete lácteo”. En relación aos “desequilibrios na cadea de produción leiteira”, proseguiu Vilalba, “seguimos nunha situación similar” xa que “non se estableceu un prezo mínimo que cubra os custos de produción e remuneren o traballo, nin mecanismos efectivos que penalicen a imposición de vender a perdas que neste momento sufrimos as produtoras e produtores”. Ademais, o ‘paquete lácteo’ non se está a aplicar á totalidade do sector produtivo, xa que, por exemplo, deixou fóra ás cooperativas, “malia a que en moitos países europeos a recollida de leite de cooperativas é superior ao 90%”, resultando este paquete “totalmente ineficiente” segundo Vilalba, ao “deixar fóra a milleiros de produtoras e produtores”.
Aliás, en relación precisamente ao obxectivo de reforzar a capacidade de negociación do sector produtor, Isabel Vilalba salientou que a valoración do ‘paquete lácteo’ realizada en xuño do ano pasado pola propia Comisión Europea evidencia que “só en catro estados membro -Alemania, República Checa, Estado español e Francia- ten habido negociación cas organizacións de produtoras/es”. Ademais, no caso concreto do Estado español, afondou, “creáronse 7 organizacións de produtores/as, resultando ser un mecanismo que en ningún momento supuxo poder de negociación para as produtoras nin tivo repercusión efectiva no prezo; segue habendo un desequilibrio enorme entre o sector produtor e as grandes multinacionais da distribución, que teñen centros de toma de decisións a milleiros de kilómetros das produtoras e produtores.”
No que respecta á proposta de contratos tamén recollida no ‘paquete lácteo’, “sexan estes obrigatorios ou voluntarios, quen acaba impoñendo as condicións é a grande industria”. Vilalba, cotitular dunha explotación leiteira na provincia de Lugo, exemplificou: “que me obriguen a asinar un contrato que fixa un prezo que non cubre custos de produción acaba sendo unha ferramenta máis para presionarme e extorsionarme, xa que teño que acabar asinando se non quero que me deixen a produción na casa”. “A ferramenta dos contratos” foi, polo tanto, “totalmente distorsionada pola industria, presentando por exemplo contratos por solo un mes, a miúdo para ser asinados logo de que xa se teña entregado a produción”.
En relación aos prezos do leite, vivimos unha situación “totalmente dramática”, subliñou a Secretaria Xeral do SLG. “Dende comezos de 2014, o prezo do leite non parou de baixar, caendo unha media do 16% no conxunto da Unión Europea” e, arestora “en moitos países da UE o litro de leite non alcanza nin os 30 céntimos”, tamén no Estado español, que “se temos en conta que un 83,9% de produción é baixo contrato e temos estes prezos, está claro que é unha ferramenta que non nos vale”.
Para concluír, Isabel Vilalba reiterou o fracaso total do ‘paquete lácteo”, que “supón a privatización da política leiteira da Unión Europea, ao ficar libre a industria para impoñer as regras comerciais que máis lle conveñan”, sendo a única solución a elaboración dunha política leiteira “pública, que xestione e regule a oferta de leite e garanta uns prezos que nunca baixen do limiar dos custes de produción e xeren rendas dignas para os e as profesionais do sector leiteiro”.
A eurodeputada de AGEe, pola súa banda, lembrou na súa intervención como coordenadora do GUE-NGL para agricultura que no sector leiteiro “hai moito en xogo: a alimentación, o emprego, o mantemento dun medio rural vivo…”, e instou á Comisión a “reflexionar sobre a realidade de que a liberalización non é o camiño correcto”. Senra destacou moi especialmente o exemplo de Suíza, onde a eliminación das cotas revélanos claramente cal vai ser o futuro do sector na UE: “o aumento de produción, a baixada de prezos, e con ela a deslocalización da produción e o peche de milleiros de explotacións ca conseguinte destrución de postos de traballo e incorporación de modelos produtivos industriais afastados do modelo labrego.”
A eudodeputada galega amosouse tamén moi dura cas propostas realizada por Mansel Raymond, do sindicato agrario Copa-Cogeca, quen demandou ferramentas de apoio á exportación, aspecto que para Senra é “totalmente inaceptable”, xa que ” por un lado ofrecen como gran saída a exportación e logo piden fondos públicos para exportar”. Ademais, engadiu, “fomentar a exportación en base ao aumento da produción na UE é destruír ás gandeiras e gandeiros doutras latitudes.”






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



