O Pleno Provincial aprobou cos votos a favor de PSOE e BNG a moción que esixe á Xunta de Galicia que concerte prazas nos centros públicos de maiores que constrúe a Deputación nos Concellos, investindo en solitario 15 millóns de euros. O PP votou en contra desta proposta, tentando bloquear esta rede pública de residencias e centro de día na provincia. O Presidente replicou que “non queren prazas públicas porque non lles interesa este modelo de xestión. No 2011, cando me reunín coa Conselleira de Benestar, dixo que as preferencias non pasaban pola concertación de prazas en Lugo, que as preferencias estaban no eixo atlántico. Coa nosa situación poboación, cando Lugo xa é a novena provincia en Europa e a terceira en España coa maior porcentaxe de maiores, o dramático é que sega a ser Conselleira. Dende 1977, non se creou ningunha praza pública na Comarca de Lugo, que conta con 200.000 habitantes”. Precisamente, os veciños do partido xudicial de Lugo pediron prazas públicas en residencias e centros de día durante a elaboración dos Orzamentos Participativos de 2015, ao igual que o fixeron os de Becerreá e Mondoñedo.
Os últimos datos oficiais feitos públicos indican que a provincia de Lugo conta con 662 prazas públicas residenciais cando precisa de, polo menos, 1.228 para acadar os ratios mínimos de cobertura asistencial. Son datos do Mapa Galego de Equipamentos Sociais, elaborado pola Xunta de Galicia. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, denunciou “o veto do goberno galego ao acceso a esta información para ocultar o financiamento a centros privados”. O Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais apuntan que a Xunta concerta 3.036 prazas en centros privados da Comunidade.
As prazas públicas supoñen unha redución de ata o 50% nos custes para os usuarios. A Xunta de Galicia é a administración galega competente para levar a cabo a concertación das mesmas. O obxectivo desta moción é favorecer o acceso universal aos centros para maiores da Deputación, posto que no 2015 abrirá os 6 primeiros.
Presupostos Participativos
Cos votos a favor de PSOE e BNG, e co voto en contra do PP, o Pleno aprobou a moción que esixe a Feijóo e Rajoy que cumpra coas 65 peticións de investimentos e medidas concretas que lles fixeron os lucenses durante a elaboración do Orzamento Participativo da Deputación. Gómez Besteiro avanzou que “tal e como nos comprometemos cos veciños, vamos a trasladar estas peticións ás administracións responsables en darlles resposta. Tamén nos pediron iniciar antes este proceso, non no verán, polo que nas vindeiras semanas poremos en marcha o proceso de elaboración do Presuposto Participativo de 2016”. Neste senso, convidou ao PP a “non dar de novo as costas” a este proxecto. “Sexan prudentes e adíquense a escoitar á xente, tanto as cousas boas como as malas, porque hai outra forma de facer política e de ser máis eficientes”.
Destas 65 peticións veciñais, 54 son de competencia autonómica. Por exemplo, dotar ao HULA de Radioterapia, Hemodinámica as 24 horas e Medicina Nuclear; impulsar residencias e centros de día na Comarca de Lugo, en Becerreá e en Mondoñedo; poñer en valor o antigo Hospital Xeral; plans de impulso do Camiño de Santiago e recoñecer oficialmente o Camiño de Inverno; rematar os corredores da Costa e de Monforte, o Plan Paradai de Lugo ou a Rolda Leste; así como adecuar a Lei de Montes á realidade galega, entre outras. As restantes 11 peticións son de responsabilidade estatal e refírense principalmente a infraestruturas: as autovías Santiago e Ourense; mellorar a sinalización e seguridade na A-8 ou a estación intermodal de Lugo.
POS 2015
A Deputación mantén o Plan de Obras e Servizos 2015 na provincia a pesares do financiamento cero do Goberno Central por 4º ano consecutivo. O Pleno aprobou achegar preto de 2 millóns de euros de fondos provinciais para a execución deste plan. A previsión é engadir a esta cantidade 1,2 millóns de fondos municipais. Deste xeito, o POS superaría os 3 millóns de euros, financiados nun 60% pola Deputación e nun 40% polos Concellos. Anteriormente, estaba financiado nun 50% polo Executivo estatal, nun 25% polas Deputacións e nun 25% polos municipios. Foi así ata 2012, cando o actual Goberno central decidiu suprimir a achega estatal a esta programación, sendo a primeira vez na historia da democracia que acontecía isto. Gómez Besteiro subliñou que “iniciamos a tramitación deste plan de obra pública para os 67 Concellos coa axuda da Deputación, posto que o Goberno Central nin está nin se lle espera, ao igual que aconteceu no 2012, 2013 e 2014”.
O Presidente replicou ao PP, que se abstivo na votación, “non me gustan as comparacións, pero a Deputación está comprometida co emprego e os servizos sociais na provincia ante a falta de investimentos doutras administracións”. A Deputación puxo en marcha con 5 millóns de euros o Ben Empregado! e, ante o seu éxito, xa está a traballar na segunda edición deste plan, achegando outros 6 millóns. De feito, o organismo provincial adica tres veces máis ao fomento do emprego na provincia que a propia Xunta, que é quen ten as competencias. Ano tras ano, aumentou o investimento para servizos sociais, posto que a Xunta suprimiu o financiamento para servizos sociais en 66 Concellos lugueses. No 2015, incrementouno nun 30% con respecto a 2014, destinando 4,5 millóns de euros.
Pola súa banda, o Deputado de Xestión Territorial subliñou que “mantemos o investimento provincial para POS de épocas de bonanza, co PP no Goberno desta institución”. Manuel Martínez explicou que os Concellos deberán propor agora as súas respectivas obras. Posteriormente, serán aprobadas no seu conxunto polo Pleno Provincial.
Emigrantes retornados
O colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña acudiu á sesión plenaria na que se aprobou, cos votos a favor de PSOE e BNG, e o voto en contra do PP, unha moción instando ao Goberno Central a resolver o problema das súas pensións.
Acordo maioritario
O Pleno ratificou, aínda o voto en contra do PP, o acordo maioritario que avalaron máis do 80% dos traballadores da Deputación e referendou a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, que supón a mellora das condicións de traballo do persoal do Parque Móbil, posto que se regulariza a súa xornada laboral, tendo en conta factores como a deslocalización do servizo ou a dispoñibilidade.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



