O próximo sábado 24, dende o Club Deportivo Marqués de Casariego irán ata o concello de Coaña para dende a localidade de La Braña saír a percorrer o Cordal de Coaña ata chegar ao Alto de Penouta, dende onde baixarán a Boal. Esta ruta sinxela desenvólvese polo antigo camiño a través do cal as peixeiras de Ortiguera subían o peixe a Boal. O terreo é doado de transitar e as pendentes non son moi fortes. Durante este poderanse ver restos do antigo teleférico a Grandas. Ao finalizar a ruta, o que o desexe poderá comer no Bar Prado un menú pechado por 14 euros.
Marqués de Casariego, de roteiro por Coaña