A Vicepresidenta de Mujeres en Igualdad Burela, Fina Yanez, fixo entrega na Planta de Pediatría do Hospital da Costa, de xoguetes para os nenos que lamentablemente se ven obrigados a ingresar nesta unidade pediátrica. A sala de xogos da planta de pediatría do Hospital da Costa, é un lugar de encontro para os nenos doentes, na cal se intenta crear un ambiente ameno e entretido para axudar a estes nenos doentes, a soportar a súa estancia no centro hospitalario. E aínda que este centro carece a diferenza doutros hospitais máis grandes, dunha zona de estar e xogos máis ampla e diversa, a pequena sala coa que conta suple con fartura a súa carencia, facendo deste espazo un lugar acolledor e alegre para os nenos. Mujeres en Igualdad Burela, un ano máis quixo contribuír a que este espazo infantil, saque un sorriso ós máis pequenos durante a súa estancia no hospital. Tamén ó longo da tarde deste luns 5 de xaneiro, Mujeres en Igualdad Burela repartiu xoguetes para os nenos máis necesitados, entre as familias máis necesitadas de Burela, para que ningún neno perda a ilusión do día dos Reis Meigos.
