O Valadouro, 27 de xaneiro de 2015. A asemblea local do BNG Alfoz-Valadouro agarda que os plenos dos dous concellos traten e apoien por unanimidade a moción presentada que busca compromiso de todas as formacións políticas con representación municipal de cara a fixar contías económicas, prazos de execución e mantemento económico para crear un refuxio de animais que dea servizo a ambos concellos de maneira mancomunada. Afirman que as sinaturas de apoio recollidas pola Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz nunha contía de 408 demostra que a esta demanda está amplamente avalada pola poboación.
O BNG valora moi positivamente o traballo realizado pola Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz que mantén a súa disposición a xestionar un refuxio para animais, prestando de maneira altruísta un servizo que doutro xeito terían que facer os concellos do Val. Consideran ademais que o número de sinaturas recollidas demandando a posta en funcionamento deste servizo indica o forte apoio da poboación do Valadouro a esta iniciativa.
A asemblea local nacionalista no Val informou que a pesar de que o concelleiro no Valadouro, Eduardo Chao, xa demandou nunha comisión do concello contías económicas para a execución das obras, isto non impide o debate da moción porque demanda o compromiso firme do conxunto da corporación que evite desmarques no futuro.
Así pois o próximo pleno terá que debater e tomar posición sobre este asunto do que agardan o apoio total da corporación de Ferreira. Así mesmo contan con que a corporación de Alfoz –onde foi rexistrada a mesma moción- a trate en pleno e asuma os compromisos que lle corresponden xa que o concello tamén se vai beneficiar do devandito servizo.
Eduardo Chao


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



