Foz, 28 de xaneiro de 2015. O Concello de Foz arranxará estradas en varias parroquias cunha subvención da Xunta de Galicia e con cargo ao orzamento municipal deste ano, que foi aprobado no pasado mes de decembro.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, anunciou este mércores que “o Concello de Foz vai investir preto de 74.000 euros en infraestruturas de camiños rurais cunha subvención da Xunta de Galicia, a través do Agader. As obras que se van levar a cabo son: na parroquia de Santa Cilla, dende Villacizal ao alto da Frouxeira; na estrada que vai dende Santa Cilla a Trasmonte, que é aproximadamente un quilómetro e 200 metros, despois da estrada LU 2008, que corresponde á Deputación. Na parroquia de Nois vamos limpar as cunetas dende a LU 2007, dende a nave de Bouso, ata a estrada que sube a Cabanas. En Cangas faranse obras dende a estrada a Ferreira ata Vilasinde, limpando as cunetas. Na parroquia de Cordido, a estrada que ven dende a estrada Ferreira-Cangas ata a casa rural. E en Nois, dende a igrexa ata a casa do Ferreiro, vía que hai que facela practicamente de novo, posto que era un pista que só valía para transitar de pé”.
Pedro Fernández Manín explicou que “son unhas obras moi solicitadas e que xa tiñamos pensado facelas hai tempo, de feito o proxecto xa está redactado dende novembro. Aclaro isto porque hai alguén que debeu de oír que se ían arranxar e agora pide que se fagan algunha destas obras”.
O concelleiro focense de Medio Rural engadiu que “tamén se van facer outras, neste caso con cargo ao orzamento municipal, que foi a aprobado cos votos en contra de Unifoz e de Xaime Cancio, pero agora pide que se fagan. Vanse levar a cabo en estradas e camiños de Vilaronte, San Martiño, Santa Cilla, Cangas e Marzán. Todas estas obras vanse executar con cargo ao presuposto municipal para este ano, que é o segundo que aprobamos dende que estamos no goberno, a pesar dos votos en contra de parte da oposición”.
Fernández Manín rematou comentando que “dende o Concello de Foz seguiremos traballando ata o final da lexislatura para todos os veciños”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



