A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por persoas a título individual e máis de 600 colectivos, compareceu este mércores en rolda de imprensa para informar de diferentes aspectos da manifestación que voltará a encher a rúas de Santiago o 8 de febreiro.
Lema escollido: Polas fillas do nosos fillos
O lema, escollido entre centos de propostas que chegaron á plataforma cidadá, é Polas fillas do nosos fillos, reflectindo o que desde a plataforma consideran a dúas cuestións centrais para a lingua galega: o futuro de Galiza e a transmisión xeracional do idioma. “O futuro, a existencia de Galiza, ten todo a ver coa pervivencia do idioma” xa que como indicaron os portavoces da plataforma, “se queremos unha Galiza que crea en si mesma para desenvolverse plenamente no plano económico, social, educativo, cultural, precisamos do noso principal elemento de identificación e cohesión social, o galego”.
Desde a plataforma cidadá indicaron que sobre a tansmisión xeracional, da que fala o lema, é onde está a actuar o Partido Popular “atacando a oficialidade conseguida hai máis de 30 anos coa mobilización social e excluíndoo o noso idioma de todas as etapas educativas através do decretazo contra o galego que por primeira vez prohibe o seu uso en determinadas materias”. Denunciaron tamén que “o público infantil non ten acceso a DVD dos seus filmes favoritos en galego, que non hai opción de xoguetes infantís en galego, que as editoriais e a produción musical e escénica está viva e activa só grazas ao público”.
A transmisión da lingua é a garantía de que o galego vai chegar vivo ao século XXII”. Xunto aos problemas das nenas e nenos galegos para accederen ao galego, tamén fixo referencia “aos e ás miles de pais e nais que fan esforzos enormes para poderen transmitir a nosa lingua, mesmo cun sobrecuste económico”.
Feixó comete perxurio
“Hoxe en Galiza, onde se di que o galego é lingua oficial, atopámonos con notarías, servizos públicos, entidades bancarias que non dispoñen dun só papel en galego, ou portais web de atención ao público que se mostran en todas as linguas agás en galego, algo que se estende a todas e cada unha das áreas da vida cotiá onde non hai, sequera, unha mínima igualdade”, indicaron desde Queremos Galego.
Para Queremos Galego “esta situación é a que provoca que estudo tras estudo -o último o do IGE- o uso do galego vaia decaendo”, xa que “se até agora se aprobaban leis a favor do galego baixo a condición de non se aplicaren, agora o goberno da Xunta lexisla directamente en contra”, sinalou Marcos Maceira.
Neste sentido recalcou que o Consello da Xunta co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixó á cabeza, está á cometer perxurio. “Xuraron ou prometeron promover e defender a lingua galego cando accederon ao cargo” acrecentou.
O pobo galego é dinámico e activo na defensa da súa lingua
Porén, desde Queremos Galego mostráronse esperanzados porque malia as agresións que está a padecer, o idioma conta cun pobo dinámico e activo que aínda que sen ningún apoio institucional “mantén a súa lingua consciente de que é a súa mellor garantía de pervivencia no futuro” e “que rompeu os prognósticos de quen daban o galego por morto hai tempo é capaz de manter viva a lingua e se mobilizará o vindeiro 8 de febreiro”.
Queremos Galego chamou a todas as persoas que queren que existan condicións para falar galego con absoluta normalidade e sen restricións, de todas as ideoloxías, de todos os partidos, incluíndo as do PP, as moitas deste partido que non están de acordo co que Feixó a desfacer desde a Xunta, a que participen na multitudinaria manifestación que partirá da Alameda de Santiago o domingo 8 de febreiro ás 12h. Chamou especialmente “ás nais e pais vilipendiadas por un Presidente que apedrea o idioma e logo agacha a man, ao profesorado que quere usar o galego nas aulas, e ao alumnado ao que desde a educación infantil até a primaria lle negan o dereito a formarse na súa lingua propia”.
“Se queremos futuro para o idioma, para Galiza, para as fillas dos nosos fillos, este é o momento de parar e darlle a volta a política de odio ao galego. Polas fillas dos nosos fillos queremos un goberno que queira ao galego, que queira ao seu pobo”, indicou.
Por último representantes de diferentes sectores deron lectura ao manifesto Polas fillas dos nosos fillos, dispoñíbel na web da plataforma para asinar. Ademais agradeceron a inmensa colaboración que están á recibir de tanto de artistas como de personaxes públicos de ámbitos diversos, entre os que destacaron as artes escénicas e musicais e o fotógrafo Xurxo Lobato autor da fotografía que ilustra o cartaz que está a percorrer todas as localidades e bisbarras galegas.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



