Foz, 15 de xaneiro de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, adiantou este xoves que o Concello está ultimando as xestións para comezar a obra de construción do carril bici que irá dende a praia da Rapadoira ata a de Llas. A primeira fase podería rematarse nese 2015, segundo explicou o rexedor despois de reunirse onte en Madrid co director general de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, Pablo Saavedra Inaraja. Hoxe Javier Castiñeira e o xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan Dols, visitaron a zona onde se levará a cabo esta actuación.
Javier Jorge Castiñeira manifestou que “dende o Concello de Foz estanse facendo diferentes xestións para seguir avanzando coa obra do carril bici. É unha obra demandada e importante para o noso concello, xa que unirá as praias de A Rapadoira e Llas. Despois da última reunión en Madrid co director general de Costas, temos unha opinión bastante optimista de que as obras poidan ser realizadas xa durante este ano 2015, polo menos a primeira fase que una esas praias de A Rapadoira e Llas. É unha obra importante e moi demandada e hoxe mesmo no propio sitio analizamos como podemos ir facendo por fases e iniciando esta obra, para a que xa están feitas as expropiacións e o proxecto e soamente queda dotala economicamente e iniciala”.
O alcalde focense resaltou que “dende o goberno municipal estamos contentos con esta xestión. O noso grupo de goberno segue traballando polo pobo, por facer xestións, por aprobar os orzamentos e por ir avanzando no Plan Xeral, así como por dotar de obras a Foz mentres outros seguen xustificándose electoralmente. Uns comezaron a campaña e outros tratamos de levar cabo novos proxectos. O equipo de goberno popular de Foz é responsable, ten un compromiso de catro anos cos veciños e vai cumprilo. Niso estamos, aportando o cen por cen do noso esforzo”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



