Carlos Neira Cortizas.- ELECCIÓNS XERAIS EN ESPAÑA. ESTIMACIÓN DE VOTO PARA O CONGRESO DOS DEPUTADOS:
– Podemos detén o seu crecemento, aínda que mantén a súa diferenza de un punto sobre o Partido Popular.
– O Partido Popular recupérase tralos escándalos de corrupción coñecidos no mes de outubro, anque perde máis de 5 puntos desde o final do verán.
– O maior cambio é o retroceso do PSOE, que cae un punto no último mes e dous desde a elección de Pedro Sánchez. Afástase signficativamente de Podemos e PP, desfacendo a imaxe de triple empate que trasladan algúns medios, e desmentindo a incrible primeira posición que lle outorgan as enquisas de Metroscopia para El País.
– Existe unha maior variabilidade entre as forzas minoritarias, máis suxeitas á volatilidade xeral, aos cambios experimentados polas tres primeiras forzas e á maior marxe de erro relativo das enquisas. IU mantén por pouco a cuarto posición, e a tendencia é que Ciudadanos cómelle terreo paulatinamente a UPyD fóra de Cataluña.
– ERC comeza a acusar o xiro dos acontecementos en relación co proceso soberanista, ao tempo que CiU detén o seu retroceso. Cabe esperar un intercambio de posicións nos próximos meses.
– Entre o resto de formacións nacionalistas destaca a caída de EH Bildu, que vería como en Euskadi Podemos se fai con parte do seu electorado e queda relegado por tras do PNV.
PP e PSOE
PODEMOS e CIUDADANOS
IU e UPYD
FORZAS DO ÁMBITO NON ESTATAL
Carlos Neira Cortizas
Calidonia
para ASOCIACIÓN DE MEDIOS EN GALEGO.