Lourenzá, 21 de xaneiro de 2015.- A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do Concello. A conferencia impartirase ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello.
A concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou que “vimos de organizar unha charla, en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo, na que tratamos de difundir a labor das Forzas Armadas Españolas. Basicamente, esta charla estará enfocada cara a dous ámbitos: unha primeira parte, dirixida ao público en xeral, que versará sobre todos aqueles traballos e experiencias que as Forzas Armadas Españolas desenrolan nas distintas partes do mundo a onde chega a súa labor, tanto humanitaria coma de colaboración ou en actividades bélicas, para que o público teña coñecemento desa ampla labor que realizan as Forzas Armadas do noso país ao longo de todo o mundo. E por outra banda, unha segunda parte da conferencia que estará dirixida a un público máis novo. Neste caso as persoas encargadas de dar a charla van falar de cales son as canles ou as maneiras de acceder aos corpos das Forzas Armadas Españolas: idade, os tipos de probas que se esixen para entrar a formar parte delas, etcétera”.
Para a edil de Cultura, a charla trata de cumprir un dobre obxectivo: “por unha parte que o público xeral e os veciños de Lourenzá teñan coñecemento desa labor diversa que as Forzas Armadas desenrolan en distintas partes do mundo; e, por outra, enfocar esta charla como unha saída laboral máis, á que mozos do noso concello poidan ter acceso no futuro, xa que son diversas as convocatorias de acceso ás Forzas Armadas as que se levan a cabo cada ano e, sempre e cando reúnan os requisitos mínimos para esas probas de acceso, pode ser unha saída laboral máis para a xuventude do concello de Lourenzá”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



