Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén Eduardo Saavedra e Alejandro González visitaron as oficinas de Construcciones y Canalizaciones Saa. A empresa mariñá dirixida por José Saa Saa ampliou o seu compromiso coa entidade burelista a través do patrocinio individual dos gardiáns da meta laranxa. Álex e Edu garanten a seguridade na portería do Burela Pescados Rubén do mesmo xeito que Construcciones y Canalizaciones Saa que logrou coa súa existosa traxectoria empresarial imprimir un selo inconfundible de máxima garantía, compromiso e calidade.
Respecto ao patrocinio de ambos os deportistas José Saa resaltou que “os nosos valores se identifican plenamente con Edu e Álex. Ambos son xogadores de calidade que en cada xornada demostran a súa profesionalidade e compromiso co equipo. Son unha garantía para defender a portería do Burela Pescados Rubén e por iso decidimos apoiar esta iniciativa. As boas obras deben sustentarse no rigor, o traballo en equipo, ofrecendo garantía de calidade e compromiso co medio natural. Esta é a nosa filosofía empresarial e consideramos que tanto Álex coma Edu son dous alicerces fundamentais no proxecto deportivo do club e que ambos representan os nosos valores de profesionalidade, esforzo e dedicación”.