Nunha soleada mañá de xaneiro Pasada das Cabras partiu cara a zona dos Oscos con algo máis dunha trintena de socios para facer unha ruta típica desta zona. A camiñata comezou arredor das 11.15 horas desde Santa Eulalia e xa puideron ir observando as distintas variedades de bosque autóctono (piñeiros, carballos, bidueiros…), que os acompañarían ó longo destes 12 km xunto a un día sorprendentemente claro para estas datas que lles permitiu contemplar unhas vistas espectaculares sobre os vals que roden esta zona cando culinaron as zonas máis altas. Sobre as 14.30 horas disfrutaron unha merecida comida en Villanueva de Oscos antes de volver a Burela.
