O vindeiro 18 de xaneiro a asociación de sendeirismo Paso Miúdo inagurará a recuperación do Camiño Real dende O Valadouro ata Viveiro. A saída será dende o Parque Concepción Arenal de Ferreira (antigo matadero) ás 08.00 da mañá. Os prezos son: 20 euros socios federados, 25 euros socios non federados e 30 euros non socios. Estes prezos inclúen: comida, autobús e seguro de Responsabilidade Civil. Os interesados en participar deben anotarse ata o mércores 14 a través da web: http://pasomiudo-apuntarseasrutas.blogspot.com.es/.
