Cervo, 10 de xaneiro de 2015- O Concello de Cervo quixo amosar o seu apoio ao acto do centenario do grupo escolar de San Román que organizou a Comunidade de Montes da parroquia coa implicación dos veciños, a colaboración do goberno local e outras administracións. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e varios membros do equipo de goberno asistiron ao acto. Na súa intervención, o rexedor destacou a importancia que tivo a escola para o desenvolvemento de San Román, e puxo en valor o altruísmo de Manuel Candia, veciño da parroquia que promoveu e financiou a escola.
Pero sobre todo, Villares fixo fincapé na “gratitude” que gardan os veciños, “porque seguides mantendo viva na vosa memoria a Manuel Candia, e así o demostrastes nun acto que tamén é unha forma de facer pobo, de recuperar a historia de San Román e de que todos nos sintamos orgullosos de cómo eran os veciños hai un século, e tamén de cómo sodes agora”. O mandatario tamén deu as grazas aos veciños “por querer tanto a vosa terra, por ese vínculo tan forte que vos une e por darlle tanto valor ao voso, ao igual que facía Candia, que dende a distancia sempre se acordou do seu San Román natal”.
Ao mesmo tempo, definiu ao benefactor da escola como un home “admirable, bondadoso, altruísta, arriscado, valente e humilde, que axudaba como o fan os filántropos de verdade, por un amor incondicional polas persoas, sen buscar recoñecementos nin fama”.
Villares asegurou que esta conmemoración tamén é unha forma “de resaltar o papel da educación na nosa sociedade” e de lembrar que Candia “fixo posible que centos de nenos da parroquia estudasen, se formasen polo seu futuro e mellorasen a súa calidade de vida”. “Por suposto nós, dende o Concello de Cervo, e seguro que todas as administracións, compartimos con Candia ese obxectivo, de fomentar unha sociedade do coñecemento, de apoiar a educación, e de conseguir que sexa para todos”.
“O valor do noso”
O alcalde tamén se referiu ao importante papel de Francisco Piñeiro nestes actos, e tamén ao libro que escribiu sobre a historia de San Román. Villares resaltou “a importante labor de investigación, de documentación, e a calidade do resultado, que nos sorprende con moitos datos inéditos e información moi fiable e valiosa sobre a parroquia”, destacando tamén a súa forma de traballar, baseándose en datos reais “acudindo ás fontes, buscando en libros, contactando coa Arxentina e dedicándolle máis tempo do que tiña”.
Pero ademais de agradecerlle este labor, quixo lembrar a súa implicación e preocupación polos demais. “Involucrado na cultura, no teatro…e por suposto no ensino. Outra cousa en común con Candia”. “Cada día descubrimos novas facetas túas. Para min, e seguro que para moitos alumnos teus, fuches máis ca un mestre. E agora séguesnos ensinando. Porque con este libro axúdasnos a saber máis sobre nós mesmos, e sobre a nosa historia”.
“Coñecendo a Paco como o coñezo, sei que lle tería gustado vivir aquela época de cambios, cunha nova escola chea de actividade, e ao mellor incluso ser mestre en San Román. Así podería contar a mesma historia que nos conta neste libro pero, nese caso, en primeira persoa”, remata o rexedor.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



