Lugo, 18 de febreiro de 2015.- A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organiza nas próximas semanas en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense encontros entre profesionais das distintas provincias galegas, para buscar modelos de boas prácticas no eido cultural local. Traballarase con dinámicas áxiles e obxectivos concretos, a partir de proxectos, persoas e entidades de referencia para definir valores, modelos, estratexias e procedementos que poidan servir de guía aos profesionais do sector. As citas son o luns 23 de febreiro en Lugo, o martes 24 de febreiro na Coruña, o luns 2 de marzo en Vigo e o martes 3 de marzo en Ourense, sempre en horario de 16h30 a 20h. A inscrición e gratuíta, pero as prazas son limitadas e os membros da AGPXC teñen prioridade. Aquelas persoas que desexen participar deben anotarse no formulario http://goo.gl/forms/pbgN85kBah antes das 14h do xoves 19 de febreiro (para Lugo e A Coruña) ou do xoves 26 de febreiro (para Vigo e Ourense).
Recursos útiles para o sector
Este traballo de creación colectiva dunha guía de recursos e boas prácticas da xestión cultural de proximidade -eido no que traballan a maioría dos profesionais, tanto do sector público como do privado- forma parte dun intenso proceso de debate impulsado pola AGPXC e no que xa participaron centos de profesionais da cultura ao longo dos últimos anos. O debate frutifica agora nunha serie de recursos que queren ser de utilidade para os profesionais do sector e para as formacións políticas que vaian a ter responsabilidades nas políticas culturais locais a partir das eleccións do mes de maio.
Tomando principalmente como referencia o traballo previo da Comisión de Cultura da FEMP (2009) sobre a Axenda 21 da Cultura, os recursos artellaranse arredor dos seguintes puntos: “Participación cidadá e acceso á cultura. Públicos e tecido cultural local”, “Ferramentas e mecanismos de bo goberno na acción cultural local: Recursos, avaliación, rendición de contas, transparencia”, “A cultura como factor de desenvolvemento local: social, económico e territorial” e “Xestión do patrimonio cultural material e inmaterial”.
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) nace en maio de 2008 como un espazo de encontro e reflexión así como unha plataforma de representación profesional. Forma parte da Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales (FEAGC) e para organizar estes encontros conta co apoio da Secretaría de Estado de Cultura e máis da Deputación da Coruña.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



