Lugo, a 27 de febreiro de 2015.- A delegada territorial, Raquel Arias, supervisou este venres, acompañada polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o tramo da estrada LU-162 que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten previsto dotar de beirarrúas.
A actuación afectará a un treito de preto de 500 metros, en ambas marxes da estrada, e suporá un investimento de 237.980 euros. Ademais das mencionadas beirarrúas, o proxecto contempla a construción dunha rede de recollida de pluviais, tamén en ambos marxes da vía.
O proxecto, que sairá a licitación o vindeiro luns e terá un prazo de execución de tres meses, vén a complementar as obras realizada hai dous anos noutro tramo desta mesma estrada, de máis de 500 metros de lonxitude, para dotalo tamén de beirarrúas.
Segundo salientou a delegada territorial, as actuacións previstas “contribuirán a mellorar de xeito notorio a seguridade vial” nesta estrada que comunica Ferreira de Valadouro e Cangas de Foz. Subliñou así mesmo o esforzo inversor realizado para elo, posto que, en conxunto, as obras acometidas no 2013 e as que se executarán este ano, suman preto de 451.000 euros.
Características da obra
As beirarrúas levarán baldosa hidráulica de 30 por 30 centímetros, sobre catro centímetros de morteiro, 12 centímetros de formigón e 20 centímetros de zahorra artificial e bordillo de formigón bicapa de 15X28 centímetros de sección. A rede de pluviais, que conectarase coa rede existente para o seu desagüe, contará con tubos de PVC de 400 milímetros de diámetro. Colocaranse pozos de rexistro cada 60 metros e sumidoiros sifónicos cada 30.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



