A Mariña, 4 de febreiro de 2014. O colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña decidiron en asemblea o pasado mércores as accións a levar a cabo nos próximos meses. Na asemblea deuse información do resultado da moción presentada polo BNG na Deputación de Lugo o día antes que foi aprobada cos votos en contra do Partido Popular. O colectivo prevé mobilizacións durante os próximos meses a empezar por unha concentración que terá lugar o próximo venres ás 11 da mañá diante do concello de Burela, ese mesmo día realizarase o primeiro dos catro actos informativos ás sete da tarde no salón de plenos do concello de Viveiro e continuarán o día 12 en Burela, o 19 en Foz e o 23 en Ribadeo. Tamén se editará un panfleto informativo para distribuír nas localidade da comarca.
O colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña, integrado na Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados que agrupa a 20 colectivos comarcais, decidiu o pasado mércores en asemblea continuar reclamando modificacións no trato fiscal da facenda española á vista de que os cambios normativos aprobados recentemente non son satisfactorios e cumpren coas súas demandas senón que son meros parches para saír do paso.
O colectivo mariñao en liña coas outra plataformas comarcais prevé realizar novas concentracións comarcais, actos informativos para explicar o proceso de regularización e devolución de sancións e intereses, un panfleto informativo e asistirá a calquera mobilización que se convoque pola coordinadora en Galiza.
Concretaron que a primeira concentración terá lugar o próximo venres, 7 de febreiro as 11 da mañá diante do concello de Burela á que seguirán outras aínda por decidir diante de concellos gobernados polo Partido Popular e mesmo diante das súas sedes ao facer a este partido responsábel dos seus problemas sen ofrecer solucións definitivas.
Emigrantes Retornados insiste en que segue sen resolverse o problema do trato discriminatorio entre as persoas que teñen un ou mais pagadores, non se recoñecen de oficio as pensións por invalidez concedidas fora do estado español e mantense nalgúns casos, sobre todo en pensións procedentes de Suíza, a dobre tributación.
As actuación previstas para os próximos meses son as seguintes:
· Venres, 6 de febreiro: concentración diante do concello de Burela ás 11:00
· Venres, 6 de febreiro: acto informativo no salón de plenos de Viveiro ás sete da tarde.
· Xoves, 12 de febreiro: acto informativo no Restaurante O Poeta de Burela ás sete da tarde.
· Xoves, 19 de febreiro: acto informativo no CENIMA en Foz ás sete da tarde.
· Xoves, 26 de febreiro.acto informativo no salón de actos da casa sindical de Ribadeo ás sete da tarde.
· O 13 de marzo está programada unha mobilización nacional en Compostela coa presenza de todas as plataformas comarcais.
· Durante os meses de marzo, abril, xuño e xullo faranse concentracións mensuais en puntos por definir, non descartando algunha actuación no mes de maio.
Emigrantes Retornados A Mariña.