Barreiros, 7 de febreiro de 2015. O BNG de Barreiros comezou nesta semana unha rolda de reunións polas parroquias do interior do concello para recoller queixas e propostas das veciñas e veciños, ao entender que “a zona interior está aínda máis desatendida ca o resto do concello.” Así o sente tamén a propia veciñanza das parroquias, que lamentan a pouca atención que presta o goberno do Partido Popular a esta zona do concello.
Nas reunións desta semana, coa veciñanza de Cabarcos, Vilamartín Grande e Vilamartín Pequeno, a formación nacionalista expuxo a situación municipal e recolleu as principais demandas e preocupacións da xente. Segundo puideron comprobar, “unha das maiores preocupacións das veciñas e veciños é o estado das vías municipais, xa que o seu deterioro é tan avanzado que supoñen un auténtico perigo para as persoas que transitan por elas”, sinala Ana Ermida. “As veciñas e veciños téñeno claro: cada vez que se fala dos camiños e estradas do concello a súa afirmación é sempre a mesma: están peor ca nunca. Estaban mellor hai vinte anos ca agora.”
Como exemplo, sinalan unha das preocupacións que recolleron nestas xuntanzas: a situación da ponte que hai entre Vilamartín Pequeno e Remourelle. “O estado desta infraestrutura é dun deterioro avanzado, supoñendo un perigo evidente para as persoas que o usan; xa que de non arranxarse con urxencia, é probable que acabe cedendo e derrubándose,” advirten desde o BNG. Sobre este asunto, a formación nacionalista solicitará no concello que se arranxe con urxencia e que, de xeito inmediato, se proceda a sinalar o perigo e, de ser preciso, impedir o paso por ese lugar; “xa que, do contrario, estaríase a actuar dun xeito absolutamente imprudente e que pode ter tráxicas consecuencias”, advirte a portavoz municipal.
Ademais da situación das vías, en parroquias coma Cabarcos poden observarse importantes deficiencias no alumeado público, existindo numerosas vivendas que non teñen garantido o mesmo.
O saneamento dos núcleos, que xa foi solicitado en numerosas ocasións polo BNG sendo sempre negado polo Partido Popular, é outra das preocupacións veciñais; que lamentan que “pagando os mesmos impostos e taxas ca o resto de veciñas e veciños, temos moitos menos servizos ca noutros lugares.”
Desde o BNG valoran moi positivamente as reunións mantidas, xa que permiten coñecer as preocupacións veciñais de primeira man, para poder realizar propostas de maior interese para as veciñas e veciños. Na vindeira semana, terán lugar reunións no local social de San Xusto, o martes 10, e nas escolas de Vilamar, o xoves 12. Todas elas serán ás 9 da noite.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



