Burela, a 27 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Burela segue a liña de traballo marcada pola dirección do partido que encabeza José María González Barcia. Este xoves mantiveron a terceira reunión con colectivos do concello, neste caso cos que traballon no apartado cultural. Os populares agradeceron a ampla asistencia de colectivos e tamén as súas aportacións, anque, din os populares, “vemos que hai falla de locais e que a situación económica causa moitos problemas”.
Desde o PP burelés lembran que “o alcalde e o seu equipo de goberno foron quen de habilitar catro novos locais para asociacións e de recuperar as subvencións económicas: sempre é mellor repartir entre todos, aínda habendo poucos cartos, ca que se leven todo entre tres ou catro. E non foi doado recuperar as subvencións en 2013 e mantelas en 2014”.
Ao mesmo tempo, os populares bureleses comenzaron tamén este xoves unha rolda de reunións polos barrios cun dobre obxectivo: expoñer o que se fixo, se fai e se fará con carácter inmediato, e escoitar as propostas que poidan facer os veciños. A primeira das reunión tivo lugar no Mesón do Poeta, e terá continuidade este mesmo venres, ás 12.00 horas, na Moncloa. O luns, día 2, celebrarase outra reunión de veciños no Restaurante Os Remos ás 20.00 horas.
Desde o PP mostran a súa satisfacción por como se está desenvolvendo o traballo, sobre de todo as reunións con colectivos, con moita afluencia de colectivos e persoas, e con ganas de facer propostas en positivos, que por suposto, se agradecen.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



