Ribadeo, 20 de febreiro de 2015. Ribadeo terá Feira do Libro neste 2015, organizada polo Concello e pola agrupación cultural Francisco Lanza, segundo deu a coñecer este venres a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra. As xuntanzas de traballo xa comezaron: “temos a man tendida aos libreiros da nosa vila e estamos coas miras postas tamén no Occidente asturiano”.
A edil nacionalista quere saír ao paso “deste desafortunado artigo de opinión de Campo López Braña. En primeiro lugar: como concelleira de Cultura síntome moi orgullosa de que a concelleira Campo López Braña ao finalizar este mandato, despois de catro anos, teña interese por algo de cultura. Sería a primeira vez que pon de relevancia algo da programación cultural do Concello de Ribadeo e que se digna a asistir a algunha das poucas actividades ás que acudiu nestes catro anos. Felicítoa por ternos en conta. En segundo lugar: nego rotundamente que o Concello de Ribadeo deixe de facer a Feira do Libro”.
Álvarez Lastra fixo unha serie de matizacións a este respecto: “si ben é certo que non estamos no listado da Federación de Libreiros de Galicia, porque a aposta que se fixo o ano pasado foi unha aposta moi forte por parte da Federación, as condicións para facer unha feira do libro nun concello con 10.000 habitantes son moi potentes. A inversión é moi importante por parte da administración local e por parte da Federación de Libreiros. Tomámolo coma unha aposta persoal e política por parte do goberno municipal, por parte da agrupación Paco Lanza e por parte das tres librarías de Ribadeo que participaron na cita e que estiveron con nós traballando para que isto saíse adiante. Fixemos un esforzo importantísimo posto que a Xunta de Galicia, da mesma cor política que Campo López Braña, non da nin un só céntimo para a celebración das feiras do libro naqueles concellos de menos de 15.000 habitantes”.
A concelleira de Cultura engadiu: “que non se preocupe a concelleira, porque o calendario das xuntanzas de organización das actividades que terán lugar no verán non o vai marcar ela. Estamos traballando arreo. Ribadeo seguirá tendo Feira do Libro e esa aposta forte feita pola Federación de Libreiros de Galicia supón uns custes económicos moi altos, que este ano eles non poden asumir e nós, como Concello, tampouco podemos poñer máis cartos que o ano pasado para este fin. Hai xa feito un esbozo de programación da Feira do Libro de Ribadeo, tendo en conta as cousas que o ano pasado nos pareceu que deberíamos modificar. Temos a man tendida aos libreiros de Ribadeo e á asociación Paco Lanza, porque a imos facer da man deles. Estamos traballando niso e convocaremos as reunións pertinentes antes de xullo. Imos con tempo de sobra e tamén a faremos con miras cara o Occidente asturiano, porque nos parece interesante intentar que participe no evento”.
Mariluz Álvarez Lastra subliñou: “preocupación cero e compromiso total do Concello de Ribadeo, da agrupación Paco Lanza, e da Federación de Libreiros de Galicia, que tamén nos vai botar unha man e nos vai axudar doutra maneira, como non podía ser doutro xeito”. A edil nacionalista convidou a Campo López Braña “que si a súa preocupación vai ser que como nos estamos neste listado da Federación de Libreiros de Galicia non pida vir o conselleiro de Cultura inaugurar e sacarse a foto na Feira do Libro, cando a Xunta repito non pon un só céntimo a aquelas poboacións que teñen menos de 15.000 habitantes para organizar estas feiras, si tanto interese ten prégolle que serva de intermediaria, aínda están a tempo de apostar por nós. Nós pedímolo na inauguración da Feria do Libro, concellos de 10.000 habitantes teñen o mesmo dereito que as grandes cidades en ter actividade cultural, os lectores e as librarías de Ribadeo e os libreiros de Galicia precisan que se aposte por eles, porque están a pasar por situacións moi difíciles. Axúdenlles para que poidan participar nesas feiras, para que os custes económicos sexan mínimos e aposten pola cultura de base, porque non o están a facer”.
A concelleira de Cultura recomendoulle á edil popular “que dirixa a súa preocupación en conseguir que a Xunta, si se ven facer a foto, traia as inversións que se precisan. Nós non iniciamos proxectos e os deixamos tirados, traballamos desde o primeiro momento en que entramos no goberno municipal e imos traballar ata o último momento en que a poboación decida si estamos ou non no vindeiro goberno municipal. A programación cultural do verán, esteamos ou non, vai estar pechada e con todo previsto para levala a cabo, a realicemos nós ou outras persoas que estean no equipo de goberno, porque non esquezamos que hai eleccións municipais. E nesa programación cultural está a Feira do Libro coas librarías do noso concello, con todos os que convidemos para vir e da man sempre da agrupación Paco Lanza. E dígalle á Xunta que si veñen facer as fotos a Ribadeo nos dean os cartos para facer a residencia de maiores, porque aínda non os deron, imaxino que estarán agardando ás eleccións para traelos; que poñan diñeiro en cultura, que invistan na Feira do Libro de Ribadeo si teñen tanto interese en vir e que poñan a súa parte económica para que a todos nos sexa moito máis fácil poder levala adiante. E desde logo que inclúan a Ribadeo na súa promoción turística”.
Álvarez Lastra concluíu: “non nos van dar leccións de traballo, de honestidade e de iniciar e concluír os proxectos. Cumpran vostedes coas súas promesas e si tanto interese teñen en vir que aposten pola nosa vila e que poñan a Ribadeo no mapa”.






















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



