Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015.- O deputado do BNG, Daniel Rodas lamentou hoxe o voto en contra do Partido popular na comisión de pesca, da Proposición non de lei para modificar as actuais taxas das embarcacións artesanais que cualificou de “abusivas”.
Rodas explicou que a pesca de baixura xa está a padecer unha grave crise á que ten que sumar as desproporcionadas taxas ás embarcacións artesanais. O deputado lembrou que mentres baixan os ingresos, aumentan os gastos de explotación e o sector “xa non pode soportar este modelo impositivo”.
Tras a intervención do portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro que avanzou a presentación dunha emenda ao texto nacionalista por considerar que as taxas garanten a seguridade, Rodas replicou que nada ten a ver unha cousa con outra. Vostedes, dixo, privatizan o servizo de salvamento da Xunta e dobran a taxa de faros e sinais para “financiar SASEMAR”.
O nacionalista tamén criticou que o organismo encargado de aplicar as taxas, “nin sequera é galego”, está en Madrid e nada saben da nosa realidade polo que recalcou que moitas embarcacións deben cumprir con esta normativa estatal mercando o material de seguridade e cada ano proceder a súa revisión. En moitas ocasións, dixo, este material ten un alto custe pero é obrigatorio.
Ao desembolso para salvavidas, kit de bengalas de auxilio e salvamento, radiobalizas, botiquín, extintores, chalecos autoinchables, revisión de equipo de VHF debe engadirse o custe dos seguros para os tripulantes e embarcacións, mantemento e combustible que fai cada vez máis difícil desenvolver a súa actividade.
Todos os gastos do material de salvamento son estimados polo sector sobre 1.500 euros para unha embarcación de menos de 12 metros ao que hai que engadir as devanditas taxas.
Rodas lamentou que “unha vez máis, o PP dera as costas o sector” e anunciou que o BNG seguirá presentando iniciativas para un sistema impositivo en función dos ingresos.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



